LER SEMPRE…
“Ler sempre”
Ler moito.
Ler “case” todo.
Ler cos ollos, os ouvidos, co tacto, polos poros e demais sentidos.
Ler con razón e sensibilidade.
Ler desexos, o tempo, o son do silencio e do vento.
Ler imaxes, paisaxes, viaxes.
Ler verdades e mentiras.
Ler para obter informacións, inquietacións, dor e pracer.
Ler o fracaso, o éxito, o ilexíbel, o impensábel, as entreliñas.
Ler na escola, na casa, no campo, na estrada, en calquera lugar.
Ler a vida e a morte.
Saber ser lector tendo o dereito de saber ler.
Ler simplemente ler.
Edith Chacon Theodoro
Deixa un comentario
Debe rexistrarse para escribir un comentario.