REUNIÓNS “CLUBE OLLOS GRANDES”
Xoves, 8 de maio: O principiño
Xoves, 15 de maio: El chico del pijama de rayas
Xoves, 22 de maio: Tomás, buscador de la verdad
Xoves, 29 de maio: Os papalagui
Mércores, 4 de xuño: Momo
Xoves, 12 de xuño: Cometas en el cielo
Entrega do premio do logotipo do Club Ollos Grandes.
1. Premio: Almudena Graña Pena 3º A
Concursantes:
Convocatoria do logotipo do club de lectura Ollos Grandes.
BASES:
O clube de lectura “Ollos Grandes” convoca un concurso para crear o seu propio logotipo, que o identifique e sexa a imaxe representativa do clube.
1.-PARTICIPANTES
Poderá participar no concurso toda a comunidade educativa sen límite de idade.
Os logotipos serán orixinais e inéditos e non poderán ser premiados noutro concurso. Poderase presentar unha obra por participante.
Os logotipos serán orixinais e inéditos e non poderán ser premiados noutro concurso. Poderase presentar unha obra por participante.
2.-TEMA
O tema ou motivo do deseño debe incluír unha lupa e unha pluma.
3.-TÉCNICA
A técnica será libre, tendo en conta que o logotipo haberá de ser reproducido posteriormente en distintos soportes e materiais.
4.-FORMATO
Os traballos poderán presentarse en calquera formato.
5.-ENTREGA
As obras presentaranse en man na biblioteca do Centro ata o día 14 de marzo.
6.-PREMIO
Establécese un único premio. Con todas as obras presentadas realizarase unha exposición.
7.-XURADO
O Xurado estará formado por cinco persoas seleccionadas polos membros do clube de lectura.
A participación neste concurso implica a aceptación das súas bases.
Presentación do club de lectura á Comunidade Educativa.


