CLUBE DE LECTURA “OLLOS GRANDES”
APÚNTATE
No clube de lectura formas parte dun grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro.
Cada un le individualmente e despois reunirémonos todos para poñer en común a lectura realizada. O grupo decide as páxinas que hai que ler até á seguinte reunión.
Nas reunións coméntase a lectura e enriquecémonos todas e todos grazas ás opinións dos membros do clube.
As reunións serán quincenais e poderanse realizar nos recreos ou pola tarde, sempre que concorden os integrantes do clube.
Os membros do clube decidirán as lecturas que se tratarán e a biblioteca facilitará os exemplares.
Tamén existe a posibilidade de ver algunha adaptación cinematográfica ou teatral dalgunha das obras.
Existen actividades complementarias como un blogue específico do clube de lectura, encontros con autores, visitas a exposicións, cine, teatro, museos, bibliotecas, xogos, concursos, exposicións monográficas, semanas temáticas, lecturas ininterrompidas, etc.
Se queres formar parte do noso clube só tes que apuntarte no taboleiro de anuncios da nosa biblioteca.
ANÍMATE!